PanxoRock

Panxorock é un festival de música. Terá lugar no IES Audiovisual de Vigo o día 20 de decembro (19.30h). E sí, é un festival de música, pero tamén é un festival de nadal. Esta definición pode traernos un cúmulo de tópicos moi típicos a cabeza, pero estamos a falar de un evento con características especiais, cunhas partes diferenciadas e que explicaremos a continuación:


Concurso musical

¿En que consiste?

Versiona de forma libre unha panxoliña de nadal e optarás a premios caralludos. Se tes un grupo, cantas, berreas ou, en defintiva, fas algunha clase de ruido que poida chegar a ser considerado música, aquí hai unha oportunidade de actuar no IES Audiovisual de Vigo. E se che sae ben? Pois ademáis de actuar, levaste un pedazo de premio!

¿Cales son os premios?

1. Premio do xurado
- Gravación de maqueta nos Estudios Metrópolis/IES Audiovisual de Vigo.
- Gravación dun videoclip profesional para a canción elexida polo grupo.

2. Premio do público
Cesta de nadal cos seguintes produtos:
- Tarxeta de son
- Pedal de efectos para guitarra eléctrica
- Kit de baquetas


¿Quen son os gañadores?

O primeiro premio será entregado por un xurado que analizará as actuacións dos grupos e proclamará un gañador inmediatamente despois. Este xurado está composto por personalidades da escea musical viguesa, como son:
- Coral Alonso, vocalista de Aerolíneas Federales.
- Salva Ronko, responsable do proxecto Maketon Estrella Galicia.
- Paulino Domínguez, director de Estudios Metrópolis.

O segundo premio é o premio do público. Todas as persoas que asistan o festival terán a oportunidad de participar votando o grupo que máis lle gusta e así, tratar de facelo gañador.

¿Hai requisitos de participación?

Admitimos toda variedade de estilos, sempre e cando cumpran as bases do concurso.

¿Como me apunto?

Non sexas parvo, consulta as bases aquí e a folla de inscrición aquí


Actuación musical

O concurso non vai ser a única actuación musical. Imos traer un grupo que podedes flipar. Proximamente...


Monólogo

César Cambeiro porá a nota humorística cun monólogo que fará vibrar o teatro. Peligro de infarto por risa asegurado.


Sorteo, comilona, e outras caralladas

Unha vez rematado o festival, poderedes encher os bandullos cunha exquisita degustación de rosca e outros manxares. E para terminar, entraredes e polo mero feito de estar alí, entraredes no sorteo de cousas moi chulas: un fin de semana no Hotel SPA OCA Galatea (Sanxenxo) ou vales desconto do 50% en tatuaxes e piercings no estudo Tribal Tattoo (Vigo).

No hay comentarios:

Publicar un comentario