Hola a todo o mundo! Coa vista posta no día de mañá, temos que anunciarvos un pequeno cambio. Debido a cuestións de loxística que escapan ó noso control (está ben, admitímolo, non somos perfectos) vémonos obrigados a facer un cambio no xurado. Julio Gómez, produtor de concertos e eventos como o SINSAL, tomará o lugar de Paulino Domínguez.
Namentres, nós seguimos fotocopiando, imprimindo, montando, subindo, bajando, transportando, comprando, probando e mil cousas máis que non entenderíades. Amigos, isto xa ferve, e mañá poderedes comprobalo de primeira man.
Ademáis, lembrade que os chicos de Baldosa Amarilla porán o estallido de enerxía final no Panxorock. Tralo concurso de bandas, o monólogo de César Cambeiro, a rosca gratis e os premios para o público... concerto de Baldosa Amarilla! Debaixo, o videoclip dun dos seus temazos: 'Desequilibrio'
PANXOROCK: 20 de decembro, IES Audiovisual de Vigo (Bouzas)
Chegou o día, despois de escoitar
tódalas estupendas versións das panxoliñas que nos foron chegando o longo deste
tempo, hoxe por fin temos os grupos seleccionados para concursar no PanxoRock,
son os seguintes:
Néboa
Irmandades do Falo
Léxiko & Crespo
Os Vacalouras
Noraboa os grupos
seleccionados, e moitas gracias a tódolos grupos por quereren participar.
lunes, 17 de diciembre de 2012
Hoxe os nosos compañeiros de Atlántico fannos un oco no seu xornal
Moi bos días. Dende as oficinas do Panxorock podemos asegurarvos que estamos a tope de traballo. Estamos a cocinar un festival do máis flipante e por iso queremos dar a oportunidade de participar ó maior número de xente posible. Agora que saímos en Vigo Low Cost e no xornal, que temos moitos seguidores en Facebook e que, en definitiva, somos "popus", temos a oportunidade perfecta para chegar a un maior número de persoas. Polo tanto, anunciamos:
O prazo de inscrición no concurso queda aberto ata o 17 de decembro
Onde fixestes un bolo no que andaba Tonhito de Poi ou Coral Alonso por alí adiante? Nun teatro completamente equipado e petado de xente? E ademáis, se a cousa vos sae ben poderedes gañar:
1. Premio do xurado - Gravación de maqueta nos Estudios Metrópolis/IES Audiovisual de Vigo. - Gravación dun videoclip profesional para a canción elexida polo grupo.
2. Premio do público Cesta de nadal cos seguintes produtos: - Tarxeta de son - Pedal de efectos para guitarra eléctrica - Kit de baquetas Non sexades parvos, podería ser o voso salto cara a fama! As bases de concurso, aquí
viernes, 7 de diciembre de 2012
Hoxe estamos mediáticos. O equipo do Panxorock vaise facendo famoso e esta vez un dos nosos xefes de Promoción aparece no xornal 'De luns a vernes'.