martes, 11 de diciembre de 2012

Prolóngase o prazo de inscrición

Moi bos días. Dende as oficinas do Panxorock podemos asegurarvos que estamos a tope de traballo. Estamos a cocinar un festival do máis flipante e por iso queremos dar a oportunidade de participar ó maior número de xente posible. Agora que saímos en Vigo Low Cost e no xornal, que temos moitos seguidores en Facebook e que, en definitiva, somos "popus", temos a oportunidade perfecta para chegar a un maior número de persoas. Polo tanto, anunciamos:

O prazo de inscrición no concurso queda aberto ata o 17 de decembro

Onde fixestes un bolo no que andaba Tonhito de Poi ou Coral Alonso por alí adiante? Nun teatro completamente equipado e petado de xente? E ademáis, se a cousa vos sae ben poderedes gañar:

1. Premio do xurado
Gravación de maqueta nos Estudios Metrópolis/IES Audiovisual de Vigo.
Gravación dun videoclip profesional para a canción elexida polo grupo.


2. Premio do público
Cesta de nadal cos seguintes produtos:
- Tarxeta de son
- Pedal de efectos para guitarra eléctrica
- Kit de baquetas

Non sexades parvos, podería ser o voso salto cara a fama! As bases de concurso, aquí

No hay comentarios:

Publicar un comentario